Saturday 18 de May de 2024

Terceiro posto para David Santos na III Carreira Pedestre Popular Ruta Dos, en Acea de Ama


O atleta ordense David Santos Domínguez, do Real Club Celta de Atletismo, acadou o terceiro posto na III Carreira Pedestre Popular Ruta Dos. Unha proba que se disputou en Acea de Ama, na Coruña, e na que se rexistraron máis de 300 corredores na clasificación absoluta e preto dun cento nas categorías inferiores. David Santos rexistrou un tempo de 22:22 para completar unha distancia de 6.600 m. Por diante del situáronse Carlos Villamor (22) e Abdelkader Bouguerroudj (22:13).